Cofinanciado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e polo Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social
CERTIFICADO DE PROFESIONALIDADE SSCS0208
ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS DEPENDENTES EN INSTITUCIÓNS SOCIAIS
En que consiste o curso?
Cales son os requisitos de acceso?
O certificado de profesionalidade SSCS0208 (Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais) está regulado no Real Decreto 1379/2008, de 1 de agosto, modificado polo Real Decreto 721/2011, de 20 de maio, e polo Real Decreto 625/2013, de 2 de agosto. Como certificado de profesionalidade de nivel 2, os alumnos deberán cumprir con algún dos seguintes requisitos para acceder a esta formación:
-
Estar en posesión do título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria (ESO).
-
Estar en posesión dun certificado de profesionalidade de nivel 2 de calquera familia profesional.
-
Estar en posesión dun certificado de profesionalidade de nivel 1 da mesma familia profesional (Servizos socioculturais e á comunidade) e área profesional (Atención social).
-
Cumprir o requisito académico de acceso aos ciclos formativos de grao medio, ou ben ter superadas as correspondentes probas de acceso reguladas polas administracións educativas.
-
Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos e/ou de 45 anos.
-
Ter superadas as competencias clave de nivel 2 (competencia matemática, competencia en lingua castelá e competencia en lingua galega).
Que significa que a formación é subvencionada?
A impartición desta acción formativa foille concedida a Centro de Formación Foris ao abeiro da Orde do 16 de marzo de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria pública de subvencións para a programación de accións formativas dirixidas ás persoas traballadoras desempregadas na Comunidade Autónoma de Galicia correspondente aos exercicios de 2018 e 2019 (código de procedemento TR301K), estando cofinanciada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e polo Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social.
Por este motivo, a acción formativa está dirixida exclusivamente a persoas traballadoras desempregadas. Para tal efecto, a consideración de persoa desempregada virá determinada pola súa inscrición como demandante no Servizo Público de Emprego de Galicia con data anterior á súa incorporación ao curso. Non será precisa a inscrición como demandante de emprego no caso de estar inscrito no Ficheiro do sistema nacional de garantía xuvenil. Se durante o desenvolvemento dun curso algunha persoa alumna pasa á situación de ocupada, poderá continuar asistindo á acción formativa sempre que haxa total compatibilidade entre o horario formativo e o laboral.
Ademais, a Consellería de Economía, Emprego e Industria concede directamente axudas para os asistentes a estas accións formativas financiadas pola Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral. Estas subvencións están reguladas na Orde do 31 de maio de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de subvencións para a concesión directa de bolsas e axudas para persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas de formación profesional para o emprego correspondentes ao exercicio de 2018 e 2019 (código de procedemento TR301V). Centro de Formación Foris comprométese a xestionar estas axudas para o seu alumnado.
Entidade inscrita no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria con número de censo 32H00492